top of page

Representación noiesa con Pau Codony nos campionatos de España de seleccións territoriais

O xogador do filial forma parte do plantel galego Sub-19 que disputará en San Fernando, Cádiz, o torneo masculino desa categoría, programado entre o 17 e o 24 de abril.

Os campionatos de España de seleccións territoriais contarán cunha representación noiesa, máis concretamente na categoría Sub-19. Pau Codony, xogador do filial do Portus Apostoli e que xa debutou en Copa Galicia co primeiro equipo, estará representando en San Fernando ao combinado galego xunto a outros trece rapaces que buscarán conseguir o título.


O torneo disputarase entre o 17 e o 24 de abril, comezando cunha fase de grupos composta por catro, estando Galicia no Grupo A xunto a Andalucía, Estremadura, Rexión de Murcia e Castela e León.


Estes son os horarios dos encontros


Partido 1: Galicia – Rexión de Murcia | Domingo 17 de abril ás 20:15 horas no Pavillón Ciudad de Chiclana


Partido 2: Galicia – Estremadura | Martes 19 de abril ás 12:15 horas no Pavillón Ciudad de Chiclana


Partido 3: Andalucía – Galicia | Mércores 20 de abril ás 12:15 horas na Cidade Deportiva Bahía Sur


Partido 4: Castela e León – Galicia | Xoves 21 de abril ás 12:15 horas na Pavillón Ciudad de Chiclana


En caso de clasificación (avanzan os dous primeiros do grupo), os cuartos de final disputaríanse o venres 22. As semifinais están encadradas para o sábado 23, e a gran final para o domingo 24.


No seu último compromiso amistoso de preparación, coa participación de Pau, a selección galega caeu por 5-4 fronte o Ribeira FS do Grupo I da Segunda División B.


O bo traballo sigue dando os seus merecidos froitos, e agora é momento de disfrutalo e de competir ao máximo para o noso Pau e a nosa selección, moitísima sorte!

Comments


bottom of page