Buscar

Resultados da fin de semana das categorías inferiores

Tres vitorias, tres derrotas e un empate sobresaen nos marcadores dos nosos equipos base.


Dous dos xogadores do infantil durante un adestramento

A segunda fin de semana de competición dos conxuntos base do Noia Portus Apostoli pechouse este pasado domingo coa derrota do infantil por 3-9 fronte o Bastavales UD no Agustín Mourís, na segunda xornada da Liga Local Galicia.


Unha longa fin de semana, que comezara o venres cos encontros do prebenxamín e do alevín da primeira xornada da Liga Xogade FS Noia, saldado o primeiro con triunfo e o segundo con derrota.


Os prebenxamíns tiveron a sorte de poder repetir vitoria no seu encontro de Liga Local Galicia do sábado, cousa que non conseguiron lograr os benxamíns, ao contrario que os cadetes, que superaron por 0-2 ao La Salle.


O único empate da xornada firmouno o equipo xuvenil, que na súa estrea nesta temporada 2019-2020 rematou cun marcador de 1-1 na súa visita ao AD Codima.