RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi a primeira fin de semana de actividade completa!



Cinco vitorias e dúas derrotas na primeira fin de semana con todas as categorías en xogo, pero, o máis importante é iso, que todos os nosos rapaces e rapazas xa están a divertirse polas pistas!


XUVENIL

Con goleada e co-liderado comezan os xuvenís a súa andaina na 1ª Autonómica 22/23. Luis Viñas (x2), Hugo Romero (x2), Lucas Pardo (x2), Eloy Gerpe, Roi Castro e Hugo Vieites anotaron as dianas da vitoria por 2-9 fronte o Oroso FS CD "B".


CADETE

O cadete de Liga Galega venceu de maneira contundente ao Troula Betanzos para afianzarse no liderado con 16 puntos, un máis que o seu inmediato perseguidor, tras seis partidos disputados. Martín Neo (x2), Fernando García (x2), Miguel Romero, Hugo Veiga, Daniel García e Javier Varela en propia portería foron os encargados de colocar o 8-0 final no marcador.


Pola contra, o cadete de 1ª Autonómica non correu a mesma sorte no seu debut. Os brancos caeron por 7-1 fronte o Jogafan Ordes FS "A" na xornada inicial do campionato.


INFANTIL

Gañando comezou a Liga o cadro infantil noiés ao EFS Trasgos. Debut fantástico para os brancos, polos que anotaron Isaac Sampedro (x3), Adrián Yáñez (x3), Aarón Sánchez (x2), Ismael Martínez e Carlos Suárez.


ALEVÍN

Outra vitoria sumou o alevín, tamén diante do EFS Trasgos. Os goleadores foron Nicolás Barreiro (x5), Iván Queiro (x2), Alba Casaldoeiro (x2), Samuel Canay (x2), Pablo Seoane (x2) e Hugo Leis.


BENXAMÍN

Na súa visita a Ordes no debut ligueiro, o benxamín caeu derrotado. A próxima semana, unha nova oportunidade para seguir crecendo, mellorando e, sobre todo, gozando!


PREBENXAMÍN

Os máis pequenos debutaron con vitoria na casa diante do Dubra SD. O primeiro dos moitos partidos para seguir pasando un bo rato co fútbol sala e aprendendo do noso deporte!