Cuarta vitoria en cinco partidos para o cadete de Liga Galega, que goleou ao CD Compañía de María para asestar un duro golpe a un rival directo e asentarse como líder da categoría.
Fernando García e Miguel Romero, con sendos dobretes, xunto os tantos en propia portería de Manuel Taboada e Lucas García-Junceda propiciaron o contundente triunfo do cadete do Noia Portus Apostoli FS por 0-6.
Con esta vitoria, os noieses son máis líderes da Liga Galega cadete con 13 puntos. A próxima semana recibirán a visita do Troula Betanzos FS.
Kommentare