RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O cadete de Liga Galega sigue gañando


Os cadetes suman dúas vitorias en dous partidos e é colíder do Grupo Norte da Liga Galega

Segundo partido e segunda vitoria para o cadete de Liga Galega do Noia Portus Apostoli FS. O conxunto de Palmas derrotou o pasado domingo ao Los Tres Monos Lago DV Sport por un marcador de 5-12. Os goleadores foron Fernando García en 6 ocasións, Álvaro Fernández en 2, Martín Neo, César Calatayud, Hugo Veiga e Alejandro Corbillón.


Os noieses ascenden, pola diferenza de goles, ao máis alto da táboa con 6 puntos, cifra que tamén suman CP Casás e CD Compañía de María. A próxima fin de semana, os nosos reciben ao Academia 5 Coruña FS "B".