RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Vitorias de cadete de Liga Galega, infantil e prebenxamín!



Tres triunfos e catro derrotas foron os resultados que definiron esta pasada fin de semana de acción da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS.


XUVENIL

Os de Daniel Ventoso cederon por primeira vez na temporada diante do Alto do Vento FS "A". Hugo Romero anotou o único tanto dos noieses, que agora son 5º con 6 puntos.


CADETE

Espectacular partido da xornada 8 de Liga Galega do cadete de David Palmas, que se acabou impoñendo con dous goles no último minuto diante do Fisober FSF, no duelo 1º vs 2º. Os goles de Fernando García x3, Martín Neo, Roi Castro x2 e César Calatayud permiten aos brancos manterse na primeira praza con 22 puntos de 24 posibles.


GALERÍA do Cadete - Fisober FSF de Liga Galega

Pola súa parte, o cadete de 1ª Autonómica aínda non logrou puntuar nesta temporada. Este pasado sábado, derrota diante do Alto do Vento FS "A" por 6-2, con goles de Joel García e Adrián Teijeiro.


INFANTIL

Retornou á senda da vitoria, e con contundencia, o infantil de Pablo Cardoso. Os tantos de Gabriel Cutrin x2, Andrés Campos x2 e un en propia portería valeron para derrotar ao AD Codima - Gráficas Esteiro por 0-5 e subir á segunda praza con 6 puntos.


ALEVÍN

Iván Queiro conseguiu o único tanto dun cadro alevín que terminou derrotado na súa visita ao EDS Santa Marta. Cuarta posición con tres puntos en tres partidos para os noieses.


BENXAMÍN

Non puido ser para o benxamín no duelo do sábado no Agustín Mourís contra o Alto do Vento FS "A", contra o que caeron derrotados.


PREBENXAMÍN

Os nosos prebenxamíns siguen acompañando a súa aprendizaxe con triunfos! Esta fin de semana pasada conseguiron o seu terceiro en tres partidos contra o Victoria FC.