Todas as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli terán compromisos este fin de semana, coa novidade do debut do equipo alevín.
Cos nervios da primeira semana xa atrás, a base do club noiés desenvolverá entre este venres 25 e domingo 27 a súa segunda xornada de competición.
O venres será o turno dos prebenxamíns (18:00 horas, ante o Portosín) e dos alevíns (18:35 horas, tamén contra o Portosín), que poñeran o inicio ao seu curso. Ambos partidos servirán para dar comezo á Liga Xogade Fútbol Sala de Noia.
O sábado comezarán o día de novo os prebenxamíns (11:30 horas, no Municipal Os Tilos contra o San Franciso Teo “A”), esta vez disputando partido da segunda xornada da Liga Local Galicia, da mesma forma que o farán os benxamíns (11:45 horas, Quiroga Palacios para enfrontarse co AD Codima), os xuvenís (13:00 horas, Quiroga Palacios tamén contra o AD Codima) e os cadetes (17:30 horas, Polideportivo La Salle ante o La Salle).
Pecharán a fin de semana competitiva os infantís como locais, recibindo no Municipal Agustín Mourís ás 10:00 horas ao Bastavales UD.
Moita sorte e desexos de diversión para todos os rapaces e rapazas!
Commentaires