Cinco partidos formarán a sexta fin de semana de encontros das categorías inferiores do Noia Portus Apostoli.
Tres partidos no Agustín Mourís e dous lonxe de Noia forman a xornada desta fin de semana da base do club branco.
Os encontros que se disputarán no feudo noiés farano na tarde do domingo, sendo o primeiro o do equipo benxamín, que xogará ás 16:00 horas ante o Alto do Vento FS, na quinta xornada da Liga Local Galicia. A continuación será turno do prebenxamín, que ás 17:00 horas se enfrontará ao Victoria FC - Increíbles "C", e pechará a tarde o cadete a partir das 18:00 horas, véndose as caras co Jogafan Ordes.
Tamén o domingo pero no Municipal de Pontepedriña xogará o cadro xuvenil de Pablo López. Terá que madrugar para facelo, xa que o seu envite co Oroso FS CD "B" desta sexta xornada da Liga Local Galicia está encadrado para as 11:00 horas.
Tan só para o sábado e, é dicir, para abrir a xornada, queda o choque do infantil que se desprazará ao Municipal Quiroga Palacios de Santiago para, a partir das 20:00 horas, xogar contra o SD Gaiola.
Consulta aquí os horarios:
Comentários