top of page

Sorrisos, diversión e moito fútbol sala no peche de temporada da Escola Deportiva

A fin de semana adicada á actividade de conclusión do curso 2021/2022 para a base noiesa foi todo un éxito.


As categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete puxeron entre os pasados sábado e domingo o punto e final á temporada 2021/2022 coa actividade consistente en partidos amigables contra equipos convidados como a SD Esteirana, Codima, La Salle e Santiago Futsal.



Dous días definidos polo bo ambiente, os sorrisos dos rapaces e rapazas, o exemplar comportamento deportivo por parte de todos e todas e, sobre todo, moito fútbol sala.


Os máis pequenos xa están desexando que comece pronto a 2022/2023!

Комментарии


bottom of page