Buscar

Táboa de horarios da xornada da base (7/3 a 8/3)

Cinco encontros na fin de semana das inferiores noiesas.


Segue avanzando a temporada para os rapaces e rapazas da nosa base, xa aproximándose ao final da competición por este curso.


Nesta fin de semana, cinco serán os equipos que disputarán encontros. O primeiro será o dos cadetes de Julio Moreno, que este sábado 7 se verán as caras no Agustín Mourís a partir das 17:00 horas co Xuventude Milladoiro. Acto seguido será turno do xuvenil, que no Complexo Deportivo Juan Amigo xogará ás 19:00 ante o Oroso FS CD "B", na terceira xornada da Copa Xuvenil. Para pechar o sábado, ás 19:10 o prebenxamín iniciará o seu envite contra o Victoria FC - Increíbles "C" en Quiroga Palacios.


Para o domingo quedan os outros dous partidos, que se xogarán ambos no Agustín Mourís. Na mañá, ás 11:30, o infantil enfrontrarase ao SD Gaiola, e xa pola tarde, ás 16:00 horas, tocaralle ao benxamín fronte o EFS Trasgos.


Consulta os horarios: