Buscar

Xa están aquí as máscaras personalizadas e solidarias do Noia Portus Apostoli FS!

Desvelamos os detalles e o deseño definitivo da máscara noiesa, en colaboración coa Asociación Misela e A’Creba.


Desde esta semana estarán dispoñibles as máscaras personalizadas e solidarias do club branco, xa co seu deseño final e os distintos detalles desvelados.


O prezo final será de 8€, dos que 1€ de cada unidade vendida irá destinado á Asociación Misela e A’Creba, para a compra de material de desinfección ou protección. A reserva das máscaras realizarase vía WhatsApp, polo número de teléfono 663 56 69 19, e a partir da próxima semana indicaremos os puntos de venda.