Todos os rapaces nados nos anos 2004, 2005 e 2006 que queiran probar o fútbol sala, teñen unha oportunidade para facelo este xoves a partir das 20:15h no Municipal Agustín Mourís.
Este xoves a partir das 20:15h, o Noia Portus Apostoli FS acollerá unha xornada de portas abertas para rapaces en idade xuvenil (nados en 2004, 2005 ou 2006) no Municipal Agustín Mourís.
Todos os que queiran vir probar o noso deporte, están convidados a facelo previa comunicación ao club, a través do e-mail administracion@noiafutbolsala.com ou o número 625 08 95 05 (soamente por WhatsApp).
Commentaires