O Municipal Agustín Mourís de Noia acolleu nestas pasadas festas unhas fantásticas xornadas de formación e fútbol sala base, coa participación de máis de 150 nenos e nenas que tiveron nesta cita a oportunidade de seguir aprendendo e gozando co noso deporte.
Inculcar nos nenos e nenas os valores que aportan prácticas deportivas como o fútbol sala no desenvolvemento social, actitudinal e afectivo da cativada é algo fundamental no seu crecemento, así mesmo como unha das principais vías de subsistencia e evolución para clubes e para o mesmo deporte. Con xornadas de formación como esta, potenciamos a xeración de todo isto.
E chega con ver as imaxes para saber o ben que o pasaron os participantes xogando no parqué do pavillón noiés!
Comments