XIII CAMPUS DE VERÁN

cartel campus.png

Despois dun ano de parón por mor da pandemia, regresa o Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS coa súa XIII edición!

Entre o 9 e o 13 de agosto, o Municipal Agustín Mourís e o Pavillón Alonso Rodríguez acollerán aos nenos e nenas que se animen a gozar e aprender do noso deporte da man de coñecedores e profesionais do fútbol sala e de xogadores do plantel do primeiro equipo do Noia PA, a través de actividades como adestramentos, xogos e sesións de vídeo lúdicas.

Todo iso seguindo as prevencións adecuadas para os tempos actuais marcados pola COVID-19, cun protocolo sanitario que inclúe o uso de máscara, a presenza de xel desinfectante e a limitación de acceso ás instalacións para as persoas alleas ao Campus.


Como te podes inscribir?
 
-MAIL: enviando o tríptico que adxuntamos a info@noiafutbolsala.com
​-PRESENCIAL: no Agustín Mourís, de luns a venres en horario de 19:30 a 21:30
-FORMULARIO (preme para acceder ao mesmo)