campusdeveran.png
cartel xiv campus de veran 2022.png

O Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS celebrará entre o 15 e o 19 de agosto a súa edición número XIV. Un ano máis, o Municipal Agustín Mourís e o Pavillón Alonso Rodríguez acollerán cinco días de auténtico fútbol sala base, dedicado a adestramentos e xogos lúdicos rodeados de profesionais do deporte, para toda a rapazada de entre 4 e 16 anos que se anote.
 

Inscrición e cota
 

A inscrición levarase a cabo no local social do club (Rúa Carcasía, 7. Horario de luns a venres, 11:00 a 13:00 e 20:00 a 21:00) con data límite o luns 8 de agosto incluido. En canto á cota, será de 50€ na modalidade xeral e de 40€ para os xogadores da base do Noia Portus Apostoli FS, e aplicarase un desconto do 50% a irmáns. Os prezos inclúen a equipación (camiseta e pantalón) do XIV Campus de Verán, da que se deberá indicar a talla no tríptico de inscrición.