
Dende o Noia Portus Apostoli queremos informarvos que a partir do luns 16 de agosto está aberto o prazo de inscripción da escola deportiva para o curso 2021/2022.
Cando comezan os adestramentos?
En principio, os adestramentos comezarán para os equipos biberón, prebenxamín, benxamín, infantil, cadete e xuvenil o 13 de setembro (data provisional debido á crise sanitaria provocada pola pandemia da COVID-19).
Idades e categorías
Biberón: 2016-2017
Prebenxamín: 2014-2015
Benxamín: 2012-2013
Alevín: 2010-2011
Infantil: 2008-2009
Cadete: 2006-2007
Xuvenil: 2003-2004-2005
Como me inscribo?
-MAIL: enviando o documento de inscrición que adxuntamos AQUÍ a info@noiafutbolsala.com
-PRESENCIAL: no Agustín Mourís, de luns a venres en horario de 19:30 a 21:30
-FORMULARIO (preme para acceder ao mesmo).
Como realizo o pago e onde me inscribo?
-A cota será de 100€ anual para todas as categorías.
-A cota para o segundo irmán será de 50€.
-O pago será único, salvo solicitude de aprazamento.
-O pago e a inscrición realízanse a partir do luns 16 de agosto, en horario de luns a venres de 19:30h a 21:30h, na porta de acceso do Pavillón Municipal Agustín Mourís pegada á casa da xuventude. Deberán traer unha foto tamaño carnet e unha copia do DNI ou do libro de familia.
Cales son as nosas medidas contra a COVID-19?
Todos os adestramentos se reiniciarán seguindo unhas medidas de hixiene e acondicionamento, sendo estas as que recomendan as autoridades sanitarias competentes. Ademais, tamén contamos cun protocolo de actuación en caso de risco de contaxio extraído do protocolo da RFGF.
+INFORMACIÓN: administracion@noiafutbolsala.com // 618708498


