Buscar

Últimos resultados para a maioría da base

O cadete continúa coa súa boa xeira de resultados, da mesma forma que o infantil que volveu a vencer.


A base despediu o ano 2019 con cinco encontros, dous da Liga Xogade FS Noia e tres da Liga Local Galicia. No caso dos primeiros, os alevíns caeron derrotados e os prebenxamíns non pasaron do empate ante o Outes "A" CF.


Os máis pequenos foron quen de resarcirse o día seguinte logrando a vitoria ante o Atlético Fátima "A" en partido da Liga Local Galicia, da mesma forma que os cadetes e o infantil, que disputaron o domingo os seus encontros no Agustín Mourís colleitando sendos triunfos ante CD Compañía de María e La Salle, respectivamente.


Consulta os resultados desta fin de semana: