Tres equipos das categorías inferiores serán os encargados de rubricar a volta aos partidos dos máis pequenos do club.

Máis dun ano despois, a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS volverá a tomar acción en partido. Con máscara e seguindo as indicacións de hixiene, despois de varios meses de adestramentos, o xuvenil, o infantil e o benxamín da entidade retoman a competición esta mesma fin de semana.
Está sendo unha temporada distinta para todos, máis para os nosos pequenos, e esta é unha grandísima noticia que recibimos cos brazos abertos. Moita sorte a todos!