top of page

Bruno Gomes e Henrique visitan a Escola Deportiva do club en Portosín

  • Foto del escritor: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 30 abr 2022
  • 1 Min. de lectura
Os xogadores do primeiro equipo noiés sorprenderon aos rapaces e rapazas, que realizaban a súa sesión habitual de venres no Pavillón David Vidal de Portosín

Bruno Gomes e Henrique, xogadores do primeiro plantel do Noia Portus Apostoli FS, visitaron este venres aos nenos e nenas da Escola Deportiva da entidade en Portosín.


Os brasileiro compartiron uns minutos cos cativos, aos que, despois de presentarse, atenderon asinándolles todos os autógrafos que lles pediron e realizaron unhas fotos para inmortalizar e redondear unha visita moi positiva e ben recibida pola rapazada.


Un exemplo máis de que a paixón polo fútbol sala sigue crecendo na nosa contorna!



Commentaires


bottom of page