CRÓNICA FILIAL | Dolorosa derrota en Betanzos (4-1)

O Noia Portus Apostoli B completou unha actuación de menos a máis que non lle serviu para sumar na cancha do Troula FS.


Caeu o filial noiés nunha das canchas onde menos podía permitirso. Os nosos non puideron saír con nada positivo do Municipal de Betanzos, realizando un partido certamente irregular e marcado polos erros propios.


Eses mesmos foron os que propiciaron que os locais se puxeran cun 2-0 favorable no primeiro acto, un ao que os brancos entraron de novo desactivados, pero aínda así ben puideron contar con algún gol, de entrar os dous remates á madeira de Pau o de superar Manu Lorenzo ao meta rival na máis clara dos visitantes.


Na segunda metade foi mellorando pouco a pouco o cadro noiés ata facerse co control total do partido, mais sen conseguir reducir diferencias. Nunha xogada por banda, un mal pase convertiuse nun contragolpe e o 3-0 a favor dos betanceiros.


Arriscaron a partir de aí o todo polo todo os filialistas co xogo de cinco. Quen vestía a camiseta, Manu Lorenzo, fixo o gol do Portus Apostoli B que devolveu a esperanza, que puido aumentar de anotar algunha que outra ocasión clara das que gozaron nos instantes posteriores.

Desafortunadamente, quedaron en nada, e nun roubo os locais pagaron o xogo de cinco co definitivo 4-1.


Seguinte partido


A próxima semana virá a Noia a enfrontarse co noso filial o Sport Sala FS, na xornada 11 do campionato ligueiro de Terceira División.


Ficha técnica


Troula Betanzos FS: Pedro Liñeira (p), Lorenzo Cachaza (c), Oliver Espiñeira, José Manuel Varela e Santiago Rodríguez. Tamén xogaron Alfonso Edreira (p), Daniel Seijas, Marcos González, Alfredo Campaño, Alfonso Seijo, Carlos Curros e Pablo García.


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Álvaro, Diego Martínez, Pau e Manu Lorenzo (c). Tamén xogaron Theo (p), Pablo López, Yago Vizoso, David Agraso e Insua.


Goles: 1-0 José Manuel Varela (2’), 2-0 José Manuel Varela (17’), 3-0 Oliver Espiñeira (31’), 3-1 Manu Lorenzo (33’), 4-1 Alfonso Seijo (39’).


Os colexiados Tovar Rodríguez e López Ramudo amonestaron con cartón amarelo aos locais Carlos Curros (31’) e Alfonso Seijo (38’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 10 do campionato de Liga de Terceira División, disputado no Municipal de Betanzos.