Dura derrota para o Portus Apostoli B na xornada 20 do campionato de Terceira División.
O segundo clasificado da categoría non deu opcións a un Noia Portus Apostoli B que, a pesar de tentalo, non tivo a súa mellor tarde e xa se centra na seguinte cita, a próxima fin de semana na casa, para retornar á senda da vitoria.
Seguinte partido
Os filialistas regresan á condición de locais tras dúas xornadas como visitantes, e recibirán a vindeira fin de semana ao Concello de Begonte FS.
Ficha técnica
SD Xove FS: Javier Fajardo (p), Santiago Otero, Alejandro García, José Cayón e Heurickson Gomes. Tamén xogaron Marcos Gómez, Sergio Cora, Xoel Gómez, Francisco García e Christian.
Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Insua, Yago Vizoso, Pau e David Agraso (c). Tamén xogaron Théo (p), Cristian Iglesias, Diego Martínez e Pablo López.
Goles: 1-0 Christian (3’), 2-0 José Cayón (5’), 3-0 Sergio Cora (9’), 4-0 Heurickson Gomes (10’), 5-0 Sergio Cora (15’), 6-0 Francisco García (18’), 7-0 Francisco García (19’), 8-0 Heurickson Gomes (24’), 9-0 José Cayón (27’), 10-0 José Cayón (30’), 11-0 Sergio Cora (30’), 12-0 Marcos Gómez (32’).
Os colexiados Juan Mora e Mosquera González amonestaron a Javier Fajardo (35’) e Christian (37’) polos locais.
Incidencias: partido correspondente á xornada 20 da Terceira División, disputado no Pavillón do Centro Cívico de Xove.
Comments