
Xaneiro chega á súa fin, tamén para os nenos e nenas da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, con 9 partidos en 3 días.
XUVENIL
Duelo directísimo para os de Daniel Ventoso, que se enfrontan a outro dos colíderes ligueiros, o Alto do Vento FS "A", este sábado 28 a partir das 16:00h no Municipal Agustín Mourís.
CADETE
O Cadete de Liga Galega viaxa a A Coruña para verse as caras co Academia 5 Coruña FS "B", contra o que agarda sumar a súa segunda vitoria consecutiva para manterse con man de ferro no liderado, este domingo 29 ás 17:30h.
Pola súa parte, o Cadete de 1ª Autonómica visitará o sábado 28 ás 12:30h a cancha do O Rodo EFS Rodeiro, en partido da 12ª xornada.
INFANTIL
Quinta xornada do Grupo 2 de 1ª Autonómica para o Infantil de Pablo Cardoso, que os leva a visitar ao AD Codima - Gráficas Esteiro este domingo 29 ás 12:00h.

ALEVÍN
Dobre compromiso para o equipo de Iván Insua, primeiro o venres en Liga Xogade enfrontándose ás 19:20h ao Outes FC e despois recibindo o domingo 29 ás 10:00h ao EFS Trasgos no Agustín Mourís, en partido da xornada 4 do Grupo 2 da 1ª Autonómica.
BENXAMÍN
O Benxamín tamén ten dobre partido esta fin de semana, comezando polo venres de Liga Xogade ás 18:40h contra o Outes FC e seguindo co choque diante do Jogafán Ordes FS "B" o domingo 29 ás 11:15h.
PREBENXAMÍN
Por último, o Prebenxamín estará tamén entre eses equipos que conta dous partidos nesta xornada. O venres, Liga Xogade ás 18:00h fronte o Outes FC, e o domingo 29 ás 12:15h recibindo ao Victoria FC - Furia "A".
Comments