top of page

O Noia Portus Apostoli FS lanza o seu outlet

  • Foto del escritor: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 29 jun 2020
  • 1 Min. de lectura

O club branco coloca en liquidación varias camisetas do curso recentemente finalizado para que afeccionados ao noso equipo e deporte poidan facerse con elas.


Dende o Noia Portus Apostoli FS poñemos as dúas camisetas de xogo, a branca e a vermella, da temporada 2019/2020 a disposición dos afeccionados a través dun outlet que comeza este luns 29 de xuño.


Os prezos serán de 19,50€ para socios do club, socios da Peña Frente Berberecho e membros das categorías base, mentres que para o resto será de 24€. Se fora preciso realizar un envío a domicilio, o importe ascendería a 26,40€.


Para contactar co club, o número é o especificado na fotografía da cabeceira da noticia: 663 56 69 19.

Commentaires


bottom of page