top of page

O próximo martes empeza a XXX Copa Galicia para o Noia Portus Apostoli FS

Os brancos visitarán ao Sala Ourense nos cuartos de final do torneo autonómico o día 1 de febreiro a partir das 21:00 horas.
El equipo noiés junto al Frente Berberecho antes del duelo contra Ciudad de Móstoles (foto: Pichero)

Unha terceira competición entrará en liza para o Portus Apostoli a seguinte semana. Trátase da XXX Copa Galicia, na que os noieses ingresan nos cuartos de final, ao igual que Pescados Rubén Burela, O Parrulo Ferrol e Santiago Futsal.


Para alcanzar as semifinais, o conxunto de Marlon Velasco deberá superar ao Sala Ourense o próximo martes 1 de febreiro a partir das 21:00 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz. Os ourensáns, que compiten no Grupo 1 da Segunda División B, chegan a esta ronda despois de eliminar en oitavos ao Ganomagoga IES Coruxo FS.


O Noia Portus Apostoli FS volve a este torneo tras firmar a súa mellor actuación na edición 2019/2020, terminada en xaneiro do pasado ano por mor da pandemia. Nela, os noieses caeron na gran final en Narón co Pescados Rubén Burela.

Comentários


bottom of page