top of page

O Xuvenil conquista o dobrete

O solitario gol de Brais otorgou aos xuvenís o segundo trofeo da temporada.


O cadro de Pablo López termina a temporada con dúas conquistas

Poucas veces se dá a oportunidade de chegar a dúas finais e ter a ocasión de conquistar dous títulos nunha mesma temporada. Despois de levantar a Copa Local hai dúas semanas, aos nosos xuvenís presentouselle outro trofeo a disputar, un novo obxectivo polo que loitar en forma de Supercopa.


Desta forma os nosos, campións de Copa, víanse as caras co La Salle B, campións de Liga, na mañá deste domingo nun marco incomparable como Santa Isabel. Ambos cadros dispuxeron sobre o parqué do pavillón santiagués un partido aberto, con numerosas ocasións pero sen conseguir perforar as redes da portería rival.


Na recta final do tempo reglamentario, con moitos dos espectadores prevendo xa que o título se decidiría na prórroga como a Copa, Brais Sanluis poñía en vantaxe ao cadro branco e decidía a Supercopa para o seu favor, xa que o marcador non se volvería a mover ata o bocinazo final.


Inmellorable forma de pechar a temporada para as nosas categorías bases e máis concretamente para os nosos xuvenís, que quince días despois de celebrar un título, volven a ter o privilexio de facelo. Parabéns rapaces!

留言


bottom of page