-A cita estival do club noiés voltou este ano con cinco días de puro desfrute para os 60 rapaces participantes.
-Da man de monitores e xogadores e corpo técnico do primeiro equipo, os nenos e nenas puideron divertirse e aprender conceptos do noso deporte.
O XIII Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS chegou ao seu fin este venres, co último día de xogos e adestramentos para os 60 rapaces e rapazas participantes nesta edición.
Durante as mañás dos cinco días desta semana, do 9 ao 13 de agosto, un conxunto de monitores formado por xente pertencente ao club, xunto coa totalidade do corpo técnico e dos xogadores do primeiro equipo do Portus Apostoli, foron os encargados de asegurar que os nenos e nenas, ataviados coas súas camisetas negras deste XIII Campus, puideran gozar coa maxia do fútbol sala, ademais de aprender conceptos sobre o mesmo.
Na última xornada a concelleira de deportes Laura Salgado e o concelleiro de urbanismo, obras e medio ambiente Martín Fernández visitaron o Agustín Mourís para saudar no peche a todos as persoas envoltas no Campus.
Dende o club queremos agradecer a todos os cativos, así como aos seus pais e nais, a súa participación e colaboración neste Campus máis especial se cabe, despois da cancelación do ano pasado por mor da pandemia da COVID-19, que nos sirve de exemplo para unha aproximación gradual a unha situación máis normal.
Comentários