top of page

PREVIA FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Pizarras Los Tres Cuñados | Que non se deteña a dinámica

Despois de gañar e, ademais, lograr os primeiros puntos fóra da casa ante un rival directo, o cadro filialista busca no Agustín Mourís unha nova vitoria ante un rival directo.

O partido, correspondente á xornada 9 da Terceira División comezará ás 18:00 horas deste domingo 14 de novembro.


Que a onda non desapareza aínda. O empate que ben puido ser unha vitoria e o triunfo en Chapela suman 4 dos 6 últimos puntos disputados para un Noia Portus Apostoli B que intentará seguir sacando a cabeza das zonas baixas da táboa este domingo, cando reciba a partir das 18:00 horas ao Pizarras Los Tres Cuñados no Agustín Mourís.


Novamente, os brancos enfróntanse a un rival próximo na clasificación e, por tanto, un equipo contra o que será importante sacar a maior cantidade de puntos posibles. Os do Barco de Valdeorras ocupan a penúltima praza con 4 puntos, o último deles logrado no empate por 3-3 contra o 5 Coruña FS na anterior xornada. O outro resultado positivo, a vitoria da sexta data ante o ADFS Bueu por 7-5.


Terán que sacar os noieses a súa mellor versión, tanto de xogo como competitiva, para conseguir aumentar a tres a xeira de partidos sumando e dous gañando e facer que o Agustín Mourís sexa esta fin de semana o lugar no que consigan seguir dando pasos cara adiante e danando aos seus rivais nunha apretada clasificación.

Комментарии


bottom of page