top of page

Suspendidos os adestramentos da base tras as últimas restriccións da Xunta

O club toma esta decisión despois de que a administración galega suspenda, de forma temporal, as competicións de ámbito federado autonómico.


Detense a actividade de adestramentos dos rapaces e rapazas da base do Noia Portus Apostoli FS, de categoría xuvenil a biberón, de forma temporal.


Dende a directiva do club tómase esta decisión, nun acto de responsabilidade, para protexer a saúde e seguir as indicacións pautadas pola Xunta de Galicia, quen vén de suspender toda competición federativa de ámbito autonómico.


Desexamos por parte de todos os membros do Noia Portus Apostoli FS que a situación sanitaria se resolva o antes posible e a nosa base, que estaba a traballar con responsabilidade e seguridade ata o momento, poida regresar á pista o antes posible.

bottom of page