Os partidos do xuvenil e o infantil foron aprazados.
Todo vitorias para as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS nesta pasada fin de semana. O prebenxamín dobrou esforzos e triunfo, tanto na Liga Local Galicia como na Liga Xogade FS Noia. Da mesma forma que o benxamín venceu ao AD Codima no Mourís, unha hora despois de que os cadetes de Julio Moreno superaran por 2-1 ao La Salle.
Pola súa parte, o xuvenil e o infantil adiaron os seus encontros por mor de sendos aprazamentos.
Consulta aquí os resultados:
Comentarios