top of page

A base noiesa retoma os adestramentos este xoves

Coas novas medidas introducidas pola Xunta logo da última reunión do comité clínico, os máis pequenos do Noia Portus Apostoli FS poden regresar á pista.


Boas novas para as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS. Froito das últimas decisións adoptadas pola administración galega en relación á loita coa COVID-19, regresa a actividade para o deporte federado autonómico, o que en clave da base noiesa significa que os máis pequenos do club poden voltar aos adestramentos, e farano este mesmo xoves 18 de febreiro.


Por mor das semanas que non se puido adestrar, retrasarase o final de temporada co fin de compensar ese tempo perdido.

bottom of page