Os benxamíns terán dobre participación, ao ter que disputar un partido aprazado no seu día.
As categorías inferiores do Noia Portus Apostoli din adeus ao mes de novembro esta fin de semana, con choques para cinco dos equipos.
Porén, haberá seis encontros, xa que o benxamín dobrará esforzos para xogar primeiro este sábado ás 11:00 horas no Agustín Mourís un partido aprazado no seu día contra o Racing San Lorenzo, e o día seguinte o compromiso correspondente á xornada seis da Liga Local Galicia ante o EFS Trasgos no Municipal Carmen Estévez.
O sábado disputaranse tres choques máis no Agustín Mourís, comezando polo xuvenil, que ás 10:30 recibe ao La Salle "C" na xornada sete da Liga Local Galicia. Despois deste e do partido dos benxamíns, será turno para o prebenxamín, que se verá as caras ás 12:30 horas co Villestro SD "C". Poñerá fin ao sábado de fútbol sala en Noia o infantil, nun horario pouco habitual, xa que o conxunto de Álex Pérez e Diego Pérez xogará despois do primeiro equipo, ás 20:30, contra o Villestro SD.
A esa mesma hora pero en Milladoiro tentará o cadete de Julio Moreno alargar a súa racha de vitorias, visitando ao Xuventude Milladoiro.
Consulta aquí os horarios:
Comments