Coas competicións oficiais xa terminadas, este sábado 11 e domingo 12 de xuño o Municipal Agustín Mourís e o Pavillón Alonso Rodríguez acollerán un torneo que servirá como desenlace á temporada 2021/2022, coa Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS como protagonista.
Biberón, prebenxamín e benxamín xogarán o sábado, mentres que alevín, infantil e cadete farán o propio o domingo diante de conxuntos de varios clubes distintos.
Un torneo para facer as delicias de nenos/as, pais e, en definitiva, todos os participantes, no que será a festa de fin de curso do fútbol sala base noiés.
Commenti