top of page

A final de Copa Galicia xa ten hora: martes 17 de maio ás 19:30 en A Raña (Marín)

Consulta tamén toda a información sobre a venda de entradas para o duelo no que o Noia Portus Apostoli FS irá en busca do seu segundo título da temporada dentro de sete días diante de O Parrulo Ferrol FS.
Mañá mércores levarase a cabo a presentación da final no Concello de Marín.
Os noieses na tanda de penaltis na que lograron a clasificación á final (foto: Manuel Lorenzo)

Xa coñecida a data do 17 de maio e o lugar do Pavillón de A Raña de Marín, agora a Real Federación Galega de Fútbol confirmou o horario da final masculina da XXX Copa Galicia. As 19:30h é a hora escollida para que Noia Portus Apostoli FS e O Parrulo Ferrol FS se disputen o trono autonómico, no que será o fin de festa para o fútbol sala galego.


Mañá no Concello de Marín desenvolverase a presentación das finais masculina e feminina, a seis días da celebración de ambas, coa presenza de representantes dos entes federativos e dos equipos participantes.


Información sobre as entradas


Desde hoxe martes 10 e ata o próximo martes 17 está aberta a venda de entradas, xestionada polo club organizador, o CD La Peña. A entrada é única e permite o acceso tanto á final masculina como a feminina (Ourense Envialia-Poio Pescamar ás 17:00h).


-O público en xeral pode adquirir entradas a través da seguinte ligazón:


-As entradas de público son xestionadas polo club organizador, CD La Peña. Para calquera consulta o contacto é: clubdeportivolp@gmail.com

Prezos

Adulto (+12 anos): 10€

Infantil (3-12 anos): 5€


Non está permitido o acceso de persoas cunha entrada que non se corresponda á súa idade. Dita idade comprobarase no propio acceso.

bottom of page