top of page

ADFS Bueu-Noia Portus Apostoli B: esixente saída para o filial

O cadro de Daniel Ventoso á vila pontevedresa para a décima xornada do Grupo B da Terceira División, na que tentarán sacar puntos a partir das 16:15 do sábado 30 no Pavillón Pablo Herbello.


Despois dunha semana de descanso, volta á competición para o Portus Apostoli B este sábado. De novo, saltarán á pista como visitantes, condición na que aínda non lograron sumar os seus primeiros puntos este curso, algo que os de Ventoso queren mudar en Bueu.


O apoio sobre o que se sostén o cadro branco para confiar son os grandes minutos disputados en Beade hai dúas semanas, onde se escapou un punto das súas mans a nove segundos do bocinazo final.


Aínda así, saben os noieses que o Pavillón Pablo Herbello non é praza sinxela. O ADFS Bueu acumula 6/9 puntos posibles como local, só caendo ante a visita do Ganomagoga IES Coruxo, por 3-8. En total, son nove puntos na táboa para os bueuenses -que veñen de caer na casa do Carballiño FS-, dous máis que o Noia Portus Apostoli B.


Nun encontro a porta pechada e que comezará ás 16:15 horas deste sábado 30, o filial volverá a deixarse a pel para traer os seus primeiros puntos fóra da casa a Noia e seguir sumando para o seu obxectivo.

bottom of page