top of page

Antía Mayo convocada coa selección comarcal infantil feminina

A xogadora noiesa asistirá a un adestramento co combinado dirixido por Yago Balsa esta tarde.


Antía conduce o balón durante un encontro

Antía Mayo, xogadora do equipo infantil do Noia Portus Apostoli, foi convocada para estar presente no adestramento que a selección comarcal de Santiago da categoría infantil feminina realizará esta tarde en Negreira. A noiesa estará ás ordes dun coñecido, como é o entrenador de porteiros do primeiro plantel branco, Yago Balsa.


Moita sorte e a gozar da experiencia, Antía!

bottom of page