top of page

BASE | A temporada 2020/2021 xa é historia

-A COVID-19 e as súas consecuencias foron as grandes protagonistas dun curso coas que a escola deportiva do Noia Portus Apostoli FS soubo convivir para gozar un ano máis do noso deporte.


-Benxamín, infantil e xuvenil foron as tres categorías inferiores do club que saíron a competir nesta atípica campaña.


Coa vitoria do infantil diante do Alto do Vento FS “B” o pasado sábado, as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS despediron a estraña temporada 2020/2021. Unha que comezaba co inicio dos adestramentos o 1 de outubro, cancelados durante un mes entre xaneiro e febreiro e que non gozaron dos primeiros partidos ata o 17 de abril.


Todo provocado pola crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19, da que ninguén logrou escapar no último ano e medio, pero coa que houbo que aprender a convivir para manter unha actividade semellante á de antes da súa aparición. No caso da escola deportiva noiesa, isto foi posible coa adoptación dun ríxido protocolo sanitario practicado tanto por adestradores como xogadores co obxectivo de preservar a saúde de todos. Con el, as máscaras e o xel hidroalcohólico chegaron para quedarse durante todo o curso.


Un esforzo extra que requería a actualidade e pola que, desde o club, queremos agradecer a todos os membros da base, así como a nais e pais dos nenos e nenas que formaron parte esta temporada das categorías inferiores do club.


Un repaso ao progreso dos nosos na competición


Xuvenil, infantil e benxamín foron os equipos da nosa base que puideron saír á competición nesta campaña 2020/2021, centrados en seguir aprendendo e desfrutando do fútbol sala.


No caso dos maiores dos tres, os xuvenís dirixidos por Julio Moreno, que competiron na Liga Local Galicia, finalizaron a temporada con dúas vitorias, catro empates e dúas derrotas, uns resultados que os deixaron a apenas un punto de acceder á final polo título.


O infantil de Daniel Ventoso, despois de terminar segundo a un punto do primeiro na primeira fase do campionato Local Galicia, finalizou terceiro na loita polo ascenso de categoría, colleitando en total cinco triunfos e catro encontros perdidos.


Finalmente, o benxamín adestrado por Luisma disputou a Liga Local Galicia, desafortunadamente sen lograr o premio de obter algún resultado positivo que mereceron froito dos seus esforzos competitivos, máis aínda así sabendo gozar do 40x20 ata o último minuto.

bottom of page