top of page

Cancelado o XIII Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS deste ano

Por mor da aínda delicada situación sanitaria, adíase a XIII edición da cita estival do club noiés ao próximo ano.


Unha das iniciativas máis especiais e agardadas do Noia Portus Apostoli FS, como é o Campus de Verán que ten lugar cada ano na nosa vila durante unha semana do mes de xullo, non se celebrará neste ano 2020 a causa da problemática sanitaria ocasionada pola COVID-19.


Dende o club tómase esta decisión como unha medida de prevención e precaución, ante a imposibilidade de gardar todas as respectivas normas precisas para garantir o normal desenvolvemento da que este ano sería a XIII edición do Campus de Verán, ademais das dificultades para cubrir a demanda habitual, o que deixaría a moitos nenos sen poder gozar das actividades.


Unha decisión difícil pero que de seguro nos fará tomar con máis ilusión o Campus de Verán do próximo ano 2021!

bottom of page