top of page

Concello de Begonte-Noia Portus Apostoli B: duelo por todo o alto para o filial

O conxunto filialista, líder da Preferente Autonómica – Grupo Norte, visita Begonte para enfrontarse ao segundo clasificado e un dos tres invictos ata a data, nun partido que comezará a marcar diferencias na zona noble (sábado 5 de outubro, 20:00 horas).


A visita do Restaurante O Korreo Guitiriz FS ao Agustín Mourís rematou coa terceira vitoria en tres partidos do Noia Portus Apostoli B, que o aupou ademais á primeira praza da táboa clasificatoria. Case sen tempo para gozar deste honroso posto, os de “Juve” pasarán a súa primeira grande proba esta fin de semana na cuarta xornada ligueira.


Iso é así porque se desprazarán para verse as caras co Concello de Begonte FS. Conxunto descendido a temporada pasada da Terceira División, da mesma forma que os nosos conta os seus tres primeiros partidos por triunfos e un global de diferencia de goles lixeiramente inferior ao do cadro noiés, que o coloca como o segundo equipo máis anotador da Preferente Autonómica – Grupo Norte.


Nas mentes dos filialistas estará este sábado, a partir das 20:00 horas no Municipal de Begonte, manter esa condición de invicto e de líder unha xornada máis, ante o que, polo que di nestes momentos a táboa clasificatoria, é un rival directo.

Comments


bottom of page