top of page

CRÓNICA X17 FILIAL (NPA B 5-2 SPS) | Regreso á senda do triunfo

Os noieses cumpriron no seu compromiso diante do cadro de Culleredo para volver a gañar despois de tres derrotas seguidas.

O Noia Portus Apostoli B freou a súa xeira de derrotas coa vitoria por 5-2 fronte ao Sport Sala FS, regresando así a sumar despois de tres encontros, máis o anterior suspendido, sen facelo.


Encarrilou cedo o conxunto branco o marcador con dous goles nos primeiros catro minutos. Pau, nunha boa acción individual, e Lucho, rematando ao segundo pau, puxeron terra de por medio para os seus. Porén, os noieses baixaron a intensidade, algo que o Sport Sala FS aproveitou para facer o 2-1 no minuto 14, incluso con opcións para empatar. Xa na recta final do primeiro tempo, Jorge fixo boa unha recuperación de Dani para superar ao meta rival na transición ofensiva.


O tanto de Yago Vizoso, xa na reanudación, acercou máis a un mellor Portus Apostoli B ao triunfo. Os visitantes non baixaban os brazos, a pesar de visitar Noia reducidos en canto a efectivos, e anotaron o 4-2 no ecuador do segundo período. Hugo, atento no segundo pau, acabou por decantar o partido e a vitoria do lado noiés co definitivo 5-2.


A vindeira fin de semana os de Palmas visitarán ao 5 Coruña FS, en partido da xornada 18.

 

Ficha técnica


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Lucho, Brais, Jorge e Dani. Tamén xogaron Marcos (p), Yago Vizoso, Manu Lorenzo (c), Pau, Hugo, Luis e Romero.


Sport Sala FS: Jaime Fernández (p), Jesús Ois, Andrés González, Ignacio Villamarín e Víctor Pérez. Tamén xogaron Fernando Conchado, Brais Santiago e Daniel Martínez.


Goles: 1-0 Pau (3’), 2-0 Lucho (4’), 2-1 Jesús Ois (14’), 3-1 Jorge (20’), 4-1 Yago Vizoso (25’), 4-2 Fernando Conchado (30’), 5-2 Hugo (34’).


Os colexiados Gabriel Chousal Prieto e Roberto Pérez Giráldez amonestaron aos locais Lucho (2’) e Dani (37’) e ao visitante Ignacio Villamarín (37’).


Incidencias: partido correspondente á Xornada 17 da Terceira División, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comments


bottom of page