top of page

CRÓNICA X18 FILIAL (5 COR 3-1 NPA B) | Faltou o gol

Unha gran actuación do cadro filialista terminou sen premio pola falta de puntería dos noieses, que dominaron o encontro durante varios minutos.

Mereceu máis o Noia Portus Apostoli B, nun gran partido de fútbol sala no Pavillón San Francisco Javier xunto ao 5 Coruña FS, que aproveitou os erros de cara a portería dos noieses para levarse os tres puntos nos minutos finais.


Foi claramente de menos a máis o conxunto branco, que se soubo repoñer ao 1-0 de Gandoy no minuto 2 de xogo e a un inicio entonado dos locais. O gol do empate de Jorge no 17’ foi o empuxón que necesitaba un Portus Apostoli B que chegou ao descanso apretando para lograr o segundo.


Na reanudación, os de Palmas seguiron onde o deixaran, poñendo en perigo aos coruñeses con numerosas chegadas. Entre as máis claras, as ocasións de Brais, Hugo e Dani, este último impactando un disparo no pau. O 5 Coruña tamén contou con algunha, especialmente reseñable a que salvou o meta noiés Marcos na liña de gol.


Tensións por todo o alto, co partido por decidirse entrados os últimos cinco minutos de partido, e máis coa quinta falta sinalada ao cadro vermello. Unha situación que puido aproveitar o equipo noiés, pero que, en lugar diso, precedeu ao tanto coruñés. Gandoy anotou o 2-1 no 36’, superando a Marcos no man a man.


Con catro minutos por diante, Palmas introduciu a Brais de porteiro-xogador para o resto do encontro. Desafortunadamente, a defensa impúxose ao ataque, e o 5 Coruña FS tivo tempo ata para sentenciar o triunfo co 3-1 a nove segundos do final, obra de Gandoy.


A próxima fin de semana, o Noia Portus Apostoli B recibirá a visita do Cidade de Narón no Municipal Agustín Mourís.

 

Ficha técnica


5 Coruña FS: Iván (p), Álex, Hermida, Gandoy e Ramón. Tamén xogaron Vituco (p), Jaime, Pablo, Dani (c), Diego, Marco e Tojo.


Noia Portus Apostoli B: Marcos (p), Lucho, Pau, Jorge e Dani. Tamén xogaron Manu Lorenzo (c), Yago Vizoso, Álvaro, Brais, Hugo, Luis e Jorge.


Goles: 1-0 Gandoy (2’), 1-1 Jorge (17’), 2-1 Gandoy (37’), 3-1 Gandoy (40’).


Os colexiados David Álvarez Carril e Óscar Luis Gulín Piñeiro amonestaron con cartón amarelo polos locais a Álex (23’), Dani (26’), Hermida (27’) e o adestrador Toochy (31’ e 35’) e polos visitantes a Jorge (19’) e o adestrador David Palmas (15’).


Incidencias: partido correspondente á Xornada 18 da Terceira División, disputado no Pavillón San Francisco Javier de A Coruña.

bottom of page