top of page

CRÓNICA X19 FILIAL (NPA B 2-2 NAR) | Punto que sabe a pouco

A pesar de realizar unha gran actuación, os noieses tiveron que conformarse con empatar un partido que se lles puxo 0-2 abaixo.

Suma un punto para o seu peto o Noia Portus Apostoli B, despois de empatar 2-2 ante o Cidade de Narón, nun encontro moi completo dos noieses, que incluso puideron gañar, pero tamén perder.


Sen goles se resolveu unha primeira metade de dominio branco, pero con ocasións para ambos conxuntos. Un erro a porta baleira de Manu Lorenzo polos locais e un lanzamento ao largueiro dos visitantes foron as oportunidades que máis preto quedaron de materializarse.


Aos tres minutos da reanudación abreu a contenda o equipo naronés, co tanto de Iván San Emeterio no 23’ grazas a un disparo desde fóra da área. Non baixou os brazos o conxunto de Palmas, que co 0-1 atacaba con dificultades pero con insistencia ante o bloque baixo visitante. Porén, os amarelos aproveitaron un roubo para na transición facer dano co 0-2, obra de Roberto Jesús Pérez no 31’.


Sen tempo a instalar definitivamente pantasmas de A Coruña, chegou a reacción noiesa, e dous tantos en dous minutos volveron a nivelar o encontro. Anotou Brais o 1-2 no 32’ e deu o pase a Dani para o 2-2 no 34’ que prenderon a equipo e pavillón en busca de completar a remontada.


Foi a pola vitoria o cadro noiés, introducindo a Brais como porteiro-xogador na recta final do encontro. Faltou acerto, e o Cidade de Narón atreveuse co seu xogo de cinco nos derradeiros intres, mais a defensa branca impúxose e acabou por decidir que dous conxuntos que empezaron igualados a puntos, saíran desta xornada 19 da mesma maneira.


O Portus Apostoli B é oitavo con 24 puntos na táboa clasificatoria. A vindeira fin de semana toca descanso na Terceira División, a seguinte os noieses recibirán ao Carballiño FS, cuarto, no Agustín Mourís.


 

Ficha técnica


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Lucho, Jorge, Pau e Dani. Tamén xogaron Yago Vizoso, Manu Lorenzo (c), Álvaro, Brais, Hugo e Luis.


Cidade de Narón: Fernando Manuel Combarro (p), Luis Sanesteban (c), Pablo Cotelo, Roberto Jesús Pérez e Brais García. Tamén xogaron Alberto Niebla (p), Alejandro Piñón, Joel Rodríguez, Iván San Emeterio, Diego Vázquez e Rubén Cabada.


Goles: 0-1 Iván San Emeterio (25’), 0-2 Roberto Jesús Pérez (31’), 1-2 Brais (32’), 2-2 Dani (34’).


Os colexiados Adrián Buján Barciela e Adrián Castro Villar amonestaron con cartón amarelo polos locais a Manu Lorenzo (13’), Dani (18’) e Brais (38’) e polos visitantes Rubén Cabada (34’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 19 da Terceira División, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

bottom of page