top of page

CRÓNICA FILIAL | Derrota do Noia Portus Apostoli B en Vilalba

A pesar de comezar por diante no marcador, o conxunto branco non puido sacar nada da súa visita ao segundo clasificado e caeu por unha ampla diferenza contra o Grupo Forma-t Vilalba FS.


Desde o 0-1 que anotou incriblemente o gardameta Pablo de portería a portería no minuto dous de encontro ata o final do mesmo, todo foi malo para o Noia Portus Apostoli B. Unha dura caída que os noieses tentarán deixar atrás o antes posible, traballando para volver das vacacións de Nadal recuperando a súa mellor versión.


Seguinte partido


Xa en 2022, o Portus Apostoli B recibirá ao ED Vigo 2015 na fin de semana do 8 e 9 de xaneiro, en partido correspondente á 15ª xornada, última da primeira volta da Terceira División.


Ficha técnica


Grupo Forma-t Vilalba FS: César (p), Antón Gayoso, Ismael (c), Aitor e Diego Corredoira. Tamén xogaron Dilan (p), Fede, Keita e Miguel.


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Insua, Pablo López, Pau e David Agraso (c). Tamén xogaron Pablo Godoy (p), Yago Vizoso, Cristian e Diego Martínez.


Goles: 0-1 Pablo (2’), 1-1 Ismael (3’), 2-1 Diego Corredoira (4’), 3-1 Antón Gayoso (12’), 4-1 Ismael (14’), 5-1 Antón Gayoso (19’), 6-1 Antón Gayoso (20’), 7-1 Fede (25’), 8-1 Antón Gayoso (26’), 9-1 Fede (30’), 10-1 Fede (32’), 11-1 Ismael (37’), 12-1 Ismael (38’).


Os colexiados Juan Mora e Mosquera González non amonestaron a ninguén.


Incidencias: partido correspondente á xornada 14 da Terceira División, disputado no Municipal dos Deportes de Vilalba.

bottom of page