top of page

CRÓNICA FILIAL | O Portus Apostoli B cae contra o Vilalba FS

O cadro filialista perde así toda a opción de clasificarse ao PlayOff de ascenso a Segunda División B, a falta dunha xornada do campionato.

De ningunha maneira foi o día do Noia Portus Apostoli B, mermado en efectivos e superado sobre o parqué do Agustín Mourís polo Grupo Forma-t Vilalba FS, segundo clasificado, que deixou o choque encarrilado na primeira metade e xa mira a ese PlayOff que lle permitirá loitar polo ascenso a Segunda División B.


Esa posibilidade escapouse definitivamente para os noieses coa derrota na tarde deste domingo, agora sextos con 42 puntos, a catro do quinto clasificado, o Sport Sala FS, con tres por disputarse. Aínda así, temporada a aplaudir para os nosos rapaces do filial, que, a pesar de todas as dificultades emerxidas durante o paso dos partidos, pecharán a vindeira fin de semana coa tranquilidade de que o equipo cumpriu o obxectivo de manterse un curso máis na Terceira División.


Seguinte partido


Peche de campaña para o Portus Apostoli B a próxima fin de semana contra o ED Vigo 2015 FS, cuarto clasificado e que loitará na promoción de ascenso por un posto na Segunda División B.


Ficha técnica


Noia Portus Apostoli B: Théo (p), Insua, Diego Martínez, Pau e Manu Lorenzo (c). Tamén xogaron Pablo (p), Cristian Iglesias e David Agraso.


Grupo Forma-t Vilalba FS: César (p), Ismael (c), Dieguito, Keita e Antón. Tamén xogaron Martín (p), Miguel, Federico Nahuel, Fari, Iker e Aitor.


Goles: 0-1 Ismael (4’), 0-2 Ismael (7’), 0-3 Ismael (8’), 0-4 Antón (8’), 0-5 Antón (9’), 0-6 Fari (16’), 0-7 Ismael (16’), 0-8 Iker (17’), 0-9 Antón (26’), 0-10 Antón (31’).


Os colexiados Castro Villar e Pérez Giráldez non amonestaron a ningún xogador.


Incidencias: partido correspondente á xornada 29 da Terceira División, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

bottom of page