top of page

CRÓNICA FILIAL | O Portus Apostoli B paga caro chegar tarde (2-4)

Non lle valeu ao cadro branco ir de menos a máis, diante dun Xove FS que colleu cedo a vantaxe e xa non a soltou durante todo o encontro.


Derrota para o Noia Portus Apostoli B no seu duelo contra o Xove FS, na xornada 5 da Terceira División, por resultado de 2-4. Unha diferenza de dous goles que foi xusto a que os noieses sufriron en apenas dous minutos de xogo e que acabou pesando.


O 0-1 nunha das primeiras accións e o 0-2 no minuto 2, en remate de volea, foron os golpes que necesitou o conxunto filialista para espertar dun mal inicio. Conseguiron así sufocar o empuxe do Xove os de Palmas, e incluso arrimarse ao cadro local, mais sen lograr o tanto que nalgunha ocasión ben puideron obter.


Xa na segunda metade, os noieses lograrían ese 1-2, froito dun contragolpe ben conducido por Álvaro e finalizado por Altamirano. Co Portus Apostoli B volcado no ataque para buscar o empate, o Xove encontrou unha transición coa que castigou co 1-3.


Primeiro Pablo detendo un dez metros adiantado e logo Altamirano co 2-3 a segundos do final deu de novo esperanzas aos noieses, pero o porteiro-xogador puido dar ese gol que significara o empate, e finalmente o Xove, de novo en transición, fixo o 2-4 definitivo.


Con este resultado, o Noia Portus Apostoli B mantense na 13ª praza da táboa con 3 puntos no seu casilleiro.


Seguinte partido


A próxima fin de semana os brancos visitarán a cancha do Concello de Begonte FS, na sexta xornada da Terceira División.


Ficha técnica


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Insua, Álvaro, Pau e Manu Lorenzo (c). Tamén xogaron Andrés, Yago Vizoso, David Agraso e Altamirano.


SD Xove FS: Javier Fajardo (p), Santiago Otero, Manu Jiménez (c), H. Gomes e Christian Chao. Tamén xogaron Marcos Gómez, Alejandro García, Sergio Cora, Jose Cayón, Xoel Gómez, Francisco García e Rubén Fernández.


Goles: 0-1 Manu Jiménez (1’), 0-2 Francisco García (2’), 1-2 Altamirano (24’), 1-3 Xoel Gómez (29’), 2-3 Altamirano (39’), 2-4 Manu Jiménez (40’).


Os colexiados Rodríguez Pontanilla e Sobral Moreno amonestaron con cartón amarelo aos locais Álvaro (27’) e Pau (35’) e aos visitantes Rubén Fernández (9’) e Manu Jiménez (25’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 5 da Terceira División, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

bottom of page