top of page

CRÓNICA FILIAL | Sen puntuar na visita do Carballiño FS (3-8)

Nada saiu da forma que quixo o Noia Portus Apostoli B no enfrontamento da cuarta xornada da Liga de Terceira División.


Caeu o Noia Portus Apostoli B diante do Carballiño FS, que tivo máis puntería que un cadro noiés que perdoou en ataque e concedeu en defensa, para terminar encaixando un marcador esaxerado para o visto no parqué.


As primeiras ocasións perigosas estiveron nas botas dos visitantes, pero cedo os locais dispuxeron tamén das súas. Un malentendido en defensa propiciou que foran os da provincia de Ourense os que abriran a lata, anotando o 0-1 cerca do ecuador do primeiro tempo.


Unha polémica decisión no gol anulado a Manu Lorenzo por man precedeu ao segundo tanto do Carballiño FS no minuto 14 de xogo. Cun suave remate Álvaro recurtou distancias, e de forma similar co que puido ser o 1-1, tivo o Noia o 2-2 moi preto, pero xusto na seguinte xogada chegaría o 1-3 co que se alcanzaría o descanso.


En busca da remontada, o desafortunado tanto de Yago Vizoso en propia meta fixo moito dano a un Portus Apostoli B que, a pesar do gol de Insua inmediatamente despois e máis tarde do propio Yago Vizoso, non puido evitar que os visitantes se levaran o triunfo, aproveitándose de erros noieses e, nos últimos intres, do porteiro-xogador que utilizou o cadro branco sen éxito, para aumentar o seu triunfo.


Seguinte partido


A próxima semana o Noia Portus Apostoli B volverá a actuar como local na quinta xornada do campionato, recibindo ao SD Xove FS.


Ficha técnica:


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Insua, Álvaro, Pau e Manu Lorenzo (c). Tamén xogaron Andrés, Yago Vizoso e David Agraso.


Carballiño FS: Erik (p), Hugo Bernárdez, Óscar, Antonio Prado e Ángel. Tamén xogaron Iago Rodríguez, Edgar Bernárdez, Aitor Neira (c), Daniel Gallego, David Vázquez e Cristian Fernández.


Goles: 0-1 Edgar (8’), 0-2 Óscar (14’), 1-2 Álvaro (18’), 1-3 Óscar (18’), 1-4 Yago Vizoso en propia puerta (24’), 2-4 Insua (25’), 2-5 Aitor Neira (27’), 2-6 Hugo Bernárdez (29’), 3-6 Yago Vizoso (29’), 3-7 Hugo Bernárdez (37’), 3-8 Insua en propia puerta (39’).


Os colexiados Pérez Álvarez e Piñeiro Rivas amonestaron con cartón amarelo ao local Álvaro (24’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 4 da Terceira División, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

bottom of page