#DeixaDeImaxinar | Campaña de abonos temporada 2022/2023



O que hai cinco anos era impensable, o que hai un se nos escapou das mans… deixemos de imaxinar, somos de Primeira División e queremos que te subas ao barco nesta temporada 2022/2023, a máis importante da nosa historia!


As renovacións de abono, entre o 5 e o 15 de xullo, realizaranse soamente de forma presencial na tenda do club (rúa Carcasía, 7), mentres que os novos socios poderán recorrer a esa mesma fórmula ou facelo a través de noiafs.acyti.com a partir do 16 de xullo.


Información abonos


RENOVACIÓNS (do 5 ao 15 de xullo, SÓ PRESENCIAL)


ABONO SENTIMENTO: 160€ (inclúe todos os partidos de Liga, Copa do Rei, Copa Galicia, amigables e non ten suplemento do día do club)

ABONO XERAL: 120€

ABONO XUVENIL: 90€ (desde 14 ata 17 anos)

ABONO INFANTIL: 70€ (menores de 14 anos)

ABONO FAMILIAR: 280€ (matrimonio + 2 fillos menores de 18 años)

ABONO SIMPATIZANTE: 50€ (NON inclúe entradas a partidos, SI inclúe entradas a prezo de socio en partidos que non sexan de Liga)


A PARTIR DO 16 DE XULLO


ABONO SENTIMENTO: 180€ (inclúe todos os partidos de Liga, Copa do Rei, Copa Galicia, amigables e non ten suplemento do día do club)

ABONO XERAL: 130€

ABONO XUVENIL: 95€ (desde 14 ata 17 anos)

ABONO INFANTIL: 75€ (menores de 14 anos)

ABONO FAMILIAR: 300€ (matrimonio + 2 fillos menores de 18 años)

ABONO SIMPATIZANTE: 50€ (NON inclúe entradas a partidos, SI inclúe entradas a prezo de socio en partidos que non sexan de Liga)