Tan só o xuvenil e o infantil terán competición esta fin de semana.
Fin de semana de descanso para practicamente todas as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli, a excepción de dous dos seus conxuntos.
O xuvenil de Pablo López irá en busca do seu primeiro triunfo ligueiro cando visite, este sábado ás 10:15 horas, no Municipal de Santa Isabel ao Alto do Vento FS.
Dúas horas e quince minutos máis tarde, ás 12:30, o infantil de Álex Pérez e Diego Pérez visitará Boqueixón para xogar ante o Futsal Boqueixón, nun partido no que tentarán regresar á senda da vitoria.
Consulta a táboa de horarios:
Comments