top of page

ENTRADAS | Información sobre os billetes para o histórico duelo contra o CD Leganés FS

Como grande novidade, o club pon a disposición unha invitación gratuita para acompañante aos 100 primeiros socios que a retiren.

Xa está dispoñible a venda de entradas para o partido deste sábado contra o CD Leganés FS, no que un punto chegaría para proclamarse matemáticamente campións da Segunda División e o ascenso a Primeira.


O horario do encontro retrásase media hora con respecto ao habitual. Polo tanto, o inicio do mesmo darase ás 19:00 horas nun Municipal Agustín Mourís que precisamos cheo para unha cita histórica.


Información da venda


·SOCIOS con cota 21/22 abonada: GRATIS, coa novidade de que a entidade pon a disposición unha invitación gratuita para acompañante aos 100 primeiros socios que a retiren. SÓ SE PODEN RETIRAR DE FORMA PRESENCIAL. IMPORTANTE: desde o club, rógase que soamente retiren as invitacións as persoas que vaian a utilizar seguro as entradas. Da mesma forma, se algún socio non pode asistir ao encontro, agradeceríase comunicación ao club a través do correo electrónico administracion@noiafutbolsala.com ou do número 618 70 84 98 para liberar o asento.


·XERAL: 15€


·INFANTIL (menores de 14 anos): 8€


Horario de venda


·PRESENCIAL: luns, martes e xoves de 18:30h a 20:30h no Municipal Agustín Mourís

·ONLINE: a través de noiafs.acyti.com a partir do martes 22 ás 10:00h

bottom of page