top of page

Estrea soñada para o filial (7-1)

O conxunto de “Juve” comeza o campionato ligueiro cunha goleada e tres puntos que lles darán moral para continuar nas seguintes datas.


Primeiro partido e primeira vitoria do filial en Liga

Complicado empezar mellor a Liga do que o fixo esta tarde-noite o noso filial. Os filialistas amosáronse superiores ao seu rival, o Alto do Vento FS, na meirande parte do encontro, facéndose co control do marcador anotando tres tantos nos primeiros dez minutos.


Nos seguintes minutos previos ao descanso, os noieses conseguirían converter outras tres dianas, o que os levaría aos vestiarios cunha cómoda e extensa vantaxe de seis tantos sobre o Alto do Vento FS.


Descanso, Noia Portus Apostoli B 6-0 Alto do Vento FS


Na segunda metade os brancos saltarían á pista cunha marcha menos de intensidade, tendo en conta o marcador tan favorable para eles. Aínda así, encarando os últimos dez minutos de encontro, os noieses lograrían ampliar a súa vantaxe nunha xogada de estratexia.


Sería practicamente na última xogada do partido cando o cadro visitante, tamén nunha acción a balón parado, acadaría o seu tanto da honra, para colocar o marcador definitivo no Municipal Agustín Mourís.


Final, Noia Portus Apostoli B 7-1 Alto do Vento FS


Un resultado que, xa disputados todos os partidos da primeira xornada, deixa ao noso filial na segunda posición da táboa clasificatoria da Preferente Autonómica – Grupo Norte. Un bo comezo que os de “Juve” intentarán prolongar a próxima semana, cando recibirán na segunda data do campionato ao CP Casás.

bottom of page