-O Noia Portus Apostoli B aguantou as embestidas dun Valdesuso Peugeot Vilalba FS que o deixou todo por lograr a remontada do 1-5 da ida.
-En semifinais, os noieses veranse as caras co CD Lugo Sala, co primeiro partido a disputarse en Noia e o segundo en terras lucenses.
A un PlayOff vense a gozar pero tamén a sufrir, e iso último aprendeu o Noia Portus Apostoli B este sábado. Nunha tarde na que non saíron as cousas que si a semana anterior en Vilalba, os de Daniel Ventoso tiveron que tirar de orgullo para resistir o intento de remontada dos vilalbeses.
Cedo comezaron avisando os verdes das súas intencións, cun disparo desviado por Néstor e que despois cuspía a madeira. Precisados de ir a por todas desde o minuto un, buscaron continuamente os visitantes a portería dun Portus Apostoli B tamén contou con ocasións para dificultar un pouco máis a tarefa do Vilalba.
Transcorría o encontro con calma tensa e os continuos sons dos silbatos por parte dos colexiados, que causaron protestas dun e doutro banco, vendo como ambos se enchían de faltas moi pronto. Quizais polo medo de meter a perna e provocar unha nova falta ou ver outra amarela, os brancos deron dúas concesións na área no minuto 7 e 8 que lle custaron o 0-2 favorable aos visitantes.
A sexta falta do Valdesuso Peugeot deu pé a un dez metros que Álex Naranjo estragou e confianza a os vilalbeses, que no 13’ anotaban o 0-3 ante as caras de estupefacción da afección local e a alegría da desprazada desde o concello da provincia de Lugo.
Nos últimos minutos do primeiro acto a balanza caeu claramente dun Noia Portus Apostoli FS que ben puido sentenciar a eliminatoria, mais só unha das numerosas ocasións se convertiu en gol. Diego Pérez, de costas ao gardameta, definiu con calma para devolver certa parte diso mesmo aos seus.
Na volta dos vestiarios o Portus Apostoli B quixo continuar apretando para non ter que pasar máis apuros, pero novamente perdoou en ataque e concedeu en defensa. Un grave erro na marca que non desaproveitou o Vilalba FS supuxo o 1-4, aínda con 15 minutos por diante.
Os que dispuxo o cadro verde para, polo menos, forzar a prórroga, e o branco para dunha vez por todas sentenciar a eliminatoria. Nada diso sucedeu, e con algo máis de tres minutos por xogarse, o Valdesuso Peugeot Vilalba FS arriscouno todo co porteiro-xogador.
Foron un pouco máis de 180 segundos nos que os noieses baixaron as pernas para terminar amarrando en defensa o que non souberon en ataque. A pesar da derrota, os noieses siguen o seu camiño nos PlayOff de ascenso a Segunda B co pase as semifinais, e a lección de que a estas alturas tamén se chega para sufrir.
CD Lugo Sala, rival en semifinais
Nunha serie contra o ADFS Bueu na que gañou 2-6 na ida e caeu 6-7 na volta, o CD Lugo Sala logrou certificar a súa presenza na seguinte rolda do PlayOff, onde se verá as caras cos noieses co primeiro partido a disputarse en Noia e o segundo en Lugo.
Pola parte contraria do cadro, Ganomagoga IES Coruxo FS e Carballiño FS xogarán pola outra praza de finalista.
Ficha técnica:
Noia Portus Apostoli B: Néstor (p), Power, Álex Naranjo, Antón Arnejo e Antón Rodríguez. Tamén xogaron Insua, Manu Lorenzo (c), Diego Pérez e Álvaro.
Valdesuso Peugeot Vilalba FS: Marcos Failde (p), Antón Xoel, Isma (c), Luis Gago e Aitor. Tamén xogaron Mario, Diego Gayoso e Francisco Fernández.
Goles: 0-1 Isma (7’), 0-2 Francisco Fernández (8’), 0-3 Francisco Fernández (13’), 1-3 Diego Pérez (16’), 1-4 Francisco Fernández (25’).
Os colexiados Álvarez Carril e Piñeiro-Varela Bujía amonestaron aos locais Diego Pérez (4’), Álvaro (4’), Power (16’) e Pablo López (34’) e aos visitantes Diego Gayoso (5’), Mario (7’), Isma (30’) e Aitor (39’).
Incidencias: partido de volta dos cuartos de final do PlayOff de ascenso a Segunda División B, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.
Comments